Chamamento a fortuna

O momento chegou e a verdade é que non sei moi ben que vai pasar. Como non, o universo xa me empezou a facer das súas. A primeira das trasnadas puiden solucionala, a segunda… Parece que non está nas miñas mans.

Case todo o ano esperando, ou tan so desexando este momento. Pode ser unha total decepción ou un total logro. Non sabería dicir como está a probabilidade pero de pouco serve preocuparse agora por iso. Mañá por estas horas saberemos o resultado.

Necesito que por fin deus, o karma, a fortuna, alguén, o que sexa me axude. Creo que vai sendo hora de que me saia algo ben. Se de min dependera, creo que está todo atado e ben atado polo que podo estar medianamente tranquilo.

Boas noites e boa sorte.

One clap, two clap, three clap, forty?

By clapping more or less, you can signal to us which stories really stand out.