comunicado sobre la sentencia de la manada.

A sentenza mediática da Audiencia Provincial de Navarra do caso “la manada” alzouse como símbolo dunha Xustiza incomprendida pola sociedade e afastada dun feminismo en auxe que esixe, como esixen os convenios internacionais e leis nacionais, que se xulgue con perspectiva de xénero.

A raíz desta sentenza publicáronse numerosas recopilacións de xurisprudencia española sobre delitos contra a liberdade sexual das mulleres que amosan unha Xustiza patriarcal e aberrante propia doutros tempos pero que aínda está presente (e moito) no noso Dereito.

Xulgar con perspectiva de xénero implica recoñecer na nosa sociedade unha desigualdade estructural e cultural entre mulleres e homes, que as mulleres estiveron apartadas históricamente da lexislación, a interpretación e aplicación das leis, e que as relacións de poder existentes na sociedade, reflíctense tamén na norma.

A partir de aí, xulgar con perspectiva de xénero supón desprenderse de estereotipos e prexuízos discriminatorios que inflúen á hora de interpretar o dereito. Conleva tamén, coa debida argumentación, enxuizar os feitos de forma crítica, cuestionando, deconstruíndo ou inaplicando a norma cando nela ou na súa aplicación autómata detéctense desigualdades.

E si en todas as xurisdiccións é necesario este enfoque, canto máis na xurisdicción penal neste tipo de delitos contra a liberdade sexual, que son o exemplo máximo de cosificación da muller, e nos que o feito delituoso cométese nun contexto social machista, no que a muller como vítima parte dunha situación de desventaxa e debe ter unha protección reforzada, fundamento do Dereito penal.

Así, a perspectiva de xénero ha de aplicarse tamén ao procedemento penal, desde o respecto ás garantías do proceso xusto (presunción de inocencia, carga da proba á acusación, in dubio pro reo, principio acusatorio, legalidad da proba e interpretación restrictiva) e iso obriga, entre outras cousas, a darlle todo o apoio necesario á vítima para narrar os feitos nun espazo de acollida, con información, atención psicolóxica e todo o apoio que necesite (art. 3 Estatuto da vítima); a ter en conta o contexto de dominación ou o impacto que xeran estes delitos na psique da muller; a que domine en todo o procedemento (interrogatorios, resolucións, etc.) o máximo respecto á privacidade e intimidade da vítima ou a valorar a aplicación da agravante de xénero cando exista un elemento subxectivo machista na comisión do delito (nova agravante do art. 22.4 do Código Penal, que apenas se aplica).

Si non se teñen en conta estas e outras variables, o formalismo interpretativo e a rixidez da proba, sumado á falta de formación dos xuíces en materia de xénero en España, perpetúa estereotipos e afasta a xustiza da igualdade real que se pretende conseguir.

Todo o rexeitamento social que provocou a sentenza da manada foi, á súa vez, incomprendido pola maior parte da xudicatura (representada no CGPJ) que non parece facer a máis mínima autocrítica e responde aletargada e desbordada pola resposta cidadá ante unha sentenza cunha interpretación xurídica inexplicable, que entende probada unha situación de sometemento pero nega houbese violencia ou intimidación na condena. E sen falar do voto particular da sentenza, tan fundado en dereito como vergonzoso e insultante.

E o repudio a esta sentenza transcendeu fronteiras, manifestándose contra a mesma organismos de defensa dos Dereitos Humanos, como Amnistía Internacional, miles de profesionais do mundo da psicología e psiquiatría, e ata a ONU que criticou a resolución xudicial, manifestando que sentenzas como esta “subestiman a gravidade da violación e socava a clara obrigación de defender os dereitos das mulleres que teñen os Estados”.

Como afirma o feminismo xudicial “o dereito é masculino”, única e exclusivamente, minusvalora as experiencias e achegas das mulleres ao mundo xurídico, polo que esa natureza excluínte debe cambiar, ao amparo da lexislación nacional e internacional que prohibe a discriminación da muller: art. 15.2 da Convención da ONU sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller; art 4 e art. 49 do Convenio de Estambul; Art 4 da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes; Art. 9.2 CE; Art. 3 CC, etc..

Lexislación que tamén obriga á protección da intimidade e dignidade da vítima nestes delitos e que, unha vez máis, no despropósito de “la manada” vulnerouse, ao ser filtrados aos medios de comunicación e difundidos os datos persoais e fotografías da vítima, que a colocan nunha posición de total desprotección e que desincentiva, á súa vez, a denuncia destes delitos por parte doutras mulleres.

Mentres tanto, o Ministro de Xustiza permítese, nun acto irresponsable, criticar ao xuíz do voto particular da sentenza, mentres que el como ministro, con capacidade e poder de intervención, despreza o “Pacto de Estado contra a violencia de xénero” baleirándoo de dotación presupuestaria; prescinde da súa obrigación de promover a formación de xuíces e fiscais en materia de xénero; e encarga, á calor das movilizaciones, o estudo dunha modificación dos delitos contra a liberdade sexual que sofren mayoritariamente as mulleres, á comisión de codificación formada por 20 penalistas varóns (sen mulleres). Motivos todos que deben provocar a súa dimisión.

En calquera caso, a sentenza da manada creou un punto de inflexión, no que a cidadanía esixe á Xustiza poñerse as gafas violetas para interpretar o dereito, e recorda que non se trata de aumentar penas de prisión senón de cualificar xurídicamente con perspectiva de xénero, para que as sentenzas xudiciais despreguen a súa capacidade de transformar a realidade cara a unha igualdade real entre mulleres e homes e poder avanzar así, como sociedade.