Algunhas notas sobre un viaxe a noruega (oeste de noruega)

Inauguro este medium cun tipo de entrada que levo varios anos querendo facer. Non deixa de ser un artículo de caderno de viaxes, que escribo en parte para recordar mellor cómo me foi. Éche un pouco triste ter olvidado moito dos viaxes que fixen, que foron ou deberon ser highlights do ano.

## Por qué fun

Resumindo, natureza, tempo fresco e “first world problems”. Dúas destas son antagónicas do viaxe anterior, a Tailandia, que, dentro do bon, quitoume as ganas de preocuparme da malaria and friends, servizos públicos reducidos e regras informais.
Tres de tres.

## Qué vin, qué fixen

A maioría dos días, entre dúas e catro horas de coche, e o resto andando, principalmente polo monte. E é que hai que andar bastante para ver moito dos puntos turísticos, e condúcese lento.

### Rutas

A continuación as rutas de senderismo que fixen.

Galdhøpiggen desde Spiterstulen
Para min foi espectacular. É dura, pero a sensación de chegar arriba é diferente que chegar no coche a un punto con boas vistas. Que non se me entenda mal, hai boas vistas durante o camiño, pero o de subir pola neve, nevando e cos glaciares arredor é superior. Non a máis larga, pero sí a máis dura.
Memeburu-Bessegen-Gjendesheim
Vai por un desfiladero que ten como punto máis mítico un collado entre dous lagos de distintas concas. Enténdese mellor buscando “bessegen”. Ten un punto de moita pendente, que de feito non superei. Eu chamaríalle alpinismo ou montañismo cando hai que botar tanto as mans ao chan e levantar tanto a perna. Increíble o rápido e fácil que subía algún. O barco vai tamén de volta a Gjendesheim, así que non está un vendido. Hai dous camiños alternativos de volta, un pola beira de cada lago.
Romsdalseggen
No mesmo pobo de Andalsnes pódese facer unha ruta moi agradecida, con vistas ao fiordo e os vales do Trollstigen e Trollveggen. Moi recomendable, e pode un subir ata que teña vértigo ou se canse. Ver subir aos rapaces locales pode desanimar ou motivar. Como case todas, hai opción de facer noite por alí arriba.
Trolltunga
Longa, 14 km ir e 14 km voltar. Convén madrugar se un a quere facer. Boas vistas case todo o camiño, e o highlight para a foto ao final. Iso sí, para sacar a foto no punto exacto hai que facer cola. Un día soleado de agosto, chegando ás 13.00, estimei unha hora e media de cola. A alternativa é sacala por alí cerca. Máis que boas fotos se poden sacar sen esperar. Hai unha nova estrada que suaviza a pendente dos primeiros km, pero tamén lle quita un pouco de encanto a ese tramo.
Preikestolen
Moito máis accesible (4 km ida e 4 km volta), e nótase nos camiñantes. Incluso un día de choiva, cheo de cruceiristas de todas nacionalidades con pouca equipación. Coa néboa que me tocou, non me atrevo a fiarme da miña sensación sobre a ruta.
Outras rutas
Virtualmente cada pobo ou aldea ten rutas ben marcadas de distinta dificultade. En Geiranger un dos fiordos máis icónicos, en Borgund una das igrexas máis antigas e unha estrada de montaña moi ben conservada de finais do século XVI, e múltiples outras opcións se un quere facer kilómetros.

### Outras vistas

Tamén hai outros monumentos naturais, accesibles desde o mesmo aparcamento. Calquer estrada dá acceso a vistas excelentes dos fiordos, moitas veces con vistas a cascadas, lagos, glaciares, vales, bosques e formacións rocosas. Quédome coa baixada a Geiranger por diante do Trollstigen.

### Flora/fauna

Vin menos do que esperaba, pero podo dicir que vin unha manada de renos de 30 exemplares ou así baixando o Galdhopiggen. Alces nada, carnívoros nada. Como me quedaron os prismáticos na casa, non teño certeza de qué especies eran as aves que vin, pero algunha rapaz bastante espectacular e algo parecido a cormoráns. Poucos anátidas vin, e os corvos son grises. E por suposto gaviotas, o cénit da evolución, como en todas partes. 
En canto a flora, moito bosque atlántico ou moi similar para a miña sorpresa, cheo de ameneiros/bidueiros ou similares e coníferas , coníferas por todas partes. E pedras cheas de mofo, dun grosor de mofo nunca visto, salvo nas rochas de Frozen.

### Cultural / histórico

No rural pouco vimos. A xente busca as Stavekirker, que veñen sendo igrexas de madeira. Vin as de Lom e Borgund, do século XIX aprx. A verdade é que son algo distinto. En liña con toda o que parece a arquitectura tradicional, todo de madeira. Tamén se ve claramente no centro de Bergen, nunha zona que parece ganada ao mar antigamente chamada Bryggen.

Por certo, o máis destacable de Bergen, xunto cos pedazos de historia da segunda guerra mundial. Se a un lle vai, coa tarxeta da cidade pode un visitar gratis uns cantos museos donde entre outras cousas pode aprender do tema. En concreto, destacaría que a media hora da cidade en bus, restos de canóns alemáns no Fjell Festning e historia sobre campos de refuxiados. Tamén relativamente interesante o museo da universidade, con exposicións sobre a vida rural e tradicional noruega, entre outros temas culturais.
Boas exposicións temporais sobre Palmira e zífidos co estómago cheo de plásticos. Quen sabe se foi casualidade ou señal de boas exposicións temporais.
Decepcionante o famoso fish market. Cando os cociñeiros da metade dos postos falan español entre eles e o resto son asiáticos, dáse un conta de que moi auténtico non é. Tiven a sorte de estar no día do festival internacional da comida/cociña de bergen, o que me permitiu probar os pratos típicos en porcións de ración ou tapa e a bo prezo.

## Qué non vin e me gustaría ter visto

Por suposto, non da tempo a todo. Entre as cousas que me quedaron por ver, deixei con pena Runde, unha isla chea de paxaros na costa de Møre og Romsdal; a zona de Selje, paraíso de surfistas recomendado por un local nun camping de Geiranger; algunha das Alesund, Molde e Kristiansund; a Atlanterhavsveien, a famosa estrada sobre islotes; os museos do petróleo e as conservas en Stavanger; a ruta do Kjerag; a ruta do Gausta. Xa nin menciono zonas inalcanzables por distancia-tempo.

## Tips

A sección seguinte, principalmente para os que tiveran a paciencia de chegar ata aquí e teñan pensado ir, ou paro futuro eu se ten que responder con recomendacións.

### Clima

Canto frío vai? Canto chove? Para agosto, o atallo mental que utilicei foi: “febreiro en galicia”. E nin tan mal, aínda que diría que na costa chove máis, e ao sol vai máis calor. Se un sube abondo, atoparase neve.

### Roupa e calzado

Imprescindible levar botas de senderismo resistentes á auga se un vai facer alguna das rutas. Hai moita salomon, pero eu non recomendaría moito tenis de trail en exclusiva, xa que hai moita pedra e o terreo está húmido incluso nos días bos. Altamente recomendable levar impermeables para arriba e para abaixo ou pantalóns a proba de auga. Incluso na cidade, raro o día que non cae unha chuviada de 15 mins polo menos, así que paraugas ou chuvasqueiro na mochila case sempre. Chuvasqueiro para a mochila tamén recomendable.

### Electrónica, apps e demáis

Wikiviaxes, osmand (eu paseime ao plus), o complemento do osmand para as curvas de nivel, wikipedia, visitnorway, yr, norcamp.
Decepcionante o google translate de noruego a inglés.
Descubrin mapillary neste viaxe, pero non me chegou a axudar. Subín unas secuencias por probar.
Deixei con moita pena os prismáticos na casa por olvido. Levei un frontal que case non usei. Pao selfie non teño, pero sería útil para mirar ao abismos sen xogar coa vida.

### Idioma

Aínda que o Google translate sexa decepcionante, realmente só atopamos dúas persoas cos que non nos foi posible comunicarnos en inglés: un señoriño que tiña unhas cabinas nunha zona apartada e unha señora na parada do bus que máis ben creo que non quixo nin intentalo.
Chegou un punto que me daba vergonza preguntar se falaban inglés por cortesía.

En calquer caso, é relativamente sinxelo aprender as frases de cortesía e palabras ou raíces de palabras. É un idioma similar ao alemán no sentido de que montan palabras con outras, e axuda para orientarse e identificar, xa que moitos topónimos seguen esta regra. 
Para animarse, un pouquiño de duolingo, o phrasebook do wikiviaxes e eu merquei este libriño pa leer no aeroporto e no avión: Shortcut to Norwegian

### Aloxamento

Eu durmin en tenda de campaña e en cabinas de campings. No rural da a sensación que non hai moita máis opción. Digo que da a sensación porque non busquei máis. Polo que me dixeron outros viaxeiros, tamén hai a posibilidade de durmir con airbnb, e non só nas cidades.

En xeral os campings bastante ben, con boas instalacións para o viaxeiro casual polo menos, e precio máis que razoable: arredor de 200 coronas por tenda, coche e dúas persoas. Perto dos monumentos naturais ou rutas máis turísticas como Bessegen e Trolltunga, máis caros e peores servicios en xeral, con cabinas reservadas con moita antelación.
Norcamp é moi recomendable para ter a localización, teléfonos, web, mail, e ratings (muestra pequena) dos campings, incluso sen conexión de datos.

A maioría dos campings dispoñen de cabinas de madeira sen auga pero con electricidade (calefacción, cociña e utensilios), de distintos tamaños pero con mínimo tres camas. Opción económica que da un plus moi valorable de confort. Desde 400 coronas ata 700 e só ata 900 en casos extremos.

Tampouco podo falar do que ía ser a miña opción de aloxamento/transporte: furgoneta Dacia con colchón detrás. Non o fixen porque me cancelaron a reserva e quedei sen opcións, pero a verdade é que non vin aló nin a primeira. Iso sí, nunca tanta caravana vin, e o país é perfecto pa elas.

### Conducción

Non lembro exactamente o que pon o artículo sobre conducir en Noruega de Wikivoyage, pero recoméndoo en calquer caso se un ten paciencia. 
Se non, convén saber que é lento conducir polas estradas de Noruega, en xeral. E eu fun ben máis lento sistematicamente do que o maps dicía . Eu sentinme seguro en todo momento, tanto no que respecta ao resto dos conductores e respecto á vía. Certas estradas poden dar un pouco de vertixe, iso sí. E o máis importante na miña opinión é ter en conta que as estradas son na sua maioría dun carril por sentido e varían continuamente de ancho. Isto obliga a estar moi atento a quen ven enfrente, especialmente aos camión, que por certo circulan moi fluidos.

### Comida

Se un vai de rutas e camping, hai que tirar de supermercado. O fiambre non é moi apetecible, é caro e xa non son eu fan, así que nin o probei. O salmón ahumado do super sabe tal cual o de España, así que vai moi ben. O supermercado que máis me gustou foi o Kiwi, por variedade e prezo. Había nel unha ensalada de cebada e unha de fabas moi boas. Tan boas que en máis de un kiwi estaban esgotadas. Para completar os platos, conservas de verduras, de peixe e peituga de polo preparada para ensaladas. O pan, principalmente estilo “molde”, pero sen queixa. E hai nos supermercados unha máquina para facer rebanadas con eles. Ao parecer nalgúns lidls hai tamén en España. Frutos secos e latiñas de ensaladas tipo calvo/carrefour/isabel son socorridos para levar no equipaxe para un par de días ou rutas. Hai que recordar que os domingos non todos os supermercados abren.

Hai froita no super de todo tipo, a precios variados. Máis sorprendente para min foi atopar zonas donde se colleitaba a froita e vendía na estrada. Cereixas, ameixas, mazás, arándanos e seguro que algunha cousa máis. Nada life-changing, pero con máis chiste que as nectariner españolas do Kiwi.

Sobre a comida tradicional, de plato, tiven sorte de estar en Bergen durante o festival de cociña e comida, que me permitiu probar moitos pratos de maneira condensada no tempo. A verdade é que non quedei namorado da comida noruega.

O salmón que probei estaba bo, pero levaba espectativas demasiado altas. En calquer caso, recomendaría probar algunha das variedades que se atopen: marinado, cociñado a baixa temperatura, plancha e preparacions similares. Os raspeballer e as fishkakes nada soborosas na miña opinión. No fish market hai tamén marisco á plancha, e embutidos de balea, reno e alce. Elixan alce, que está en “least concern” según a UICN. Da para traer como detalliño.

One clap, two clap, three clap, forty?

By clapping more or less, you can signal to us which stories really stand out.