Bestiario da política de Miño: Manuel Lores
(Todo é inventado)
Manuel Lores, o Sancho Panza do alcalde, é un magnífico exemplar de plumacho. Especie invasora do noso concello foi importada fai anos dende unha pequena localidade da provincia de Pontevedra, de cuxo nome non quero acordarme. A falta dunha foto recente deste exemplar, que últimamente é moi difícil de avistar, aportamos unha dunha persoaxe que se lle parece

Din as malas linguas, ou sexa os do SOE, que o mesmo lle ten dar ordes a funcionarios, pilotar coches municipais, receitar Almax ós veciños na rede ou intrigar para conseguir un soldo acorde a súa valía. Consultado por este diario, él se limita a responder cun lacónico “Hai que roelo”. Si lle preguntas a hora adoita a dar a mesma resposta, así que interpretamos que ou ben caeu nalgún tipo de bucle linguístico-temporal, ou ben a súa linguaxe se viu seriamente restrinxida por algún tipo de trauma postlectoral.
Antes das eleccións, Manué pasou de estar sentado no sofá da casa, ós círculos de praia para rematar nas poboadas asambleas constituintes e de campaña do seu novo partido.
Despóis das eleccións, de 234 votos e dalgunhas cervexas menos, Manué tivo a xenial idea de que Ricardo se tiña que facer unha foto ensinándolle un dedo a un cartel de Faraldo. Non contento con isto, pode que logo dalgunha cervexa máis decidiu publicar a foto nas redes sociais (un “nohayhuevos” de manual). Considerou entón que esa era a mellor maneira de comenzar as negociacións cun rival político. Un xenio estadista ¿a qué sí?
Así que a súa metamorfose política seguiu, agora en sentido contrario, logo das eleccións. Comezou coas asambleas consultivas cos veciños de Miño, logo as reunións cos membros da lista, logo viñeron as reunións pactistas de bar co PSOE e o PP e agora, despois de pousar o seu bastón ó lado do bastón da alcaldía, adoita despachar diariamente co alcalde no concello. Din os que lle preguntan que él di que donde dixo Compromiso, quería dicir ComproMiño, e que a transparencia é máis levadeira si non se limpa o cristal durante un bo tempo ata que se volva un pouquiño traslúcido.
Nos últimos tempos, como vos dicía, receita Almax nas redes sociáis ¿será que estamos diante do novo Juan Maceiras? O tempo nolo dirá.