Carta aberta ós veciños de Miño
(Todo é inventado)
Benqueridos súbditos,
O próximo 1 de agosto imos facer un pleno para formalizar cómo ides pagar a débeda de Fadesa sin que teñamos que baixarnos o soldo Jesús e máis eu. Ao sablazo que vos imos meter chamarémoslle “Plan Económico Financieiro”
Que implica o Plan Económico Financieiro?
Que a débeda de Fadesa a vades a pagar toda vós a través de subida de impostos e o recorte de servizos, e que todo isto o imos facer sen que Jesús e máis eu deixemos de gañar un peso.
Non vos queixedes porque froito dalgúns cambios na xestión municipal conseguimos aforrar 710.000 euros que así non vos temos que quitar directamente do peto.
En que consisten estos cambios?
Na neolingua pepera que me ensinou Jesús chamámoslle cambios, optimización dos servizos ou racionalización do gasto ao que toda a vida se lle ven chamando recortes. Os efectos desos recortes polo de agora non son demasiado evidentes, unhas bandeiras das praias que mudaron de azul a verde, unhas herbiñas nas cunetas, algúns equipamentos municipáis que se caen a cachos, ou algunhas fochancas nas rúas, pero tranquilos que nalgúns anos estos efectos serán máis evidentes e poderedes disfrutar deles con total plenitude.
Que se fara no futuro?
Seguir recortando todo menos o meu soldo. Por exemplo, os vellos terán que ir ó centro médico no coche de San Fernando. Grazas Ethel pola suxestión.
É suficiente con estas medidas?
Non, tamén haberá que subir o IBI e o lixo. Con isto tampouco será suficiente, porque hai máis débeda por chegar e porque todas estas contas as está a facer Jesús (coa súa calculadora de teclas grandes), así que probablemente non vaian moi ben feitas.
Por qué o lixo?
Porque o pagades todos os veciños, así que non poderedes escapar, e porque froito da nosa boa xestión é un servizo deficitario económicamente e na forma en que se presta. Aproveito para dicirvos que reciclades fatal.
Que pasa co catasstro (IBI)?
Que tamén o imos a subir, porque o pagades todos e así non se escapa nin “Dios”. Pero tranquilo que o subimos só un chisquiño. Ademáis como moitos vindes de sufrir a subida do catastrazo xa tedes práctica nisto de pagar cada vez máis.
Ademáis para que desenvolvades o síndrome de Estocolmo vos deixarei pagar en dúas veces, unha para que Jesús e máis eu cobremos a paga extra de Xuño e a outra para que cobremos a de Decembro.
É definitiva esta suba?
Non, é temporal, palabrita do mesmo home que nunca pactaría con el PP ni subiría el recibo del IBI.
Qué nos trouxo ata aquí?
Jesús e compañía, pero como me pagan un bo soldo non podo facer a auditoría que prometín. Por certo, a audiotoría de Fadesa desapareceu nunha das nosas racionalizacións do gasto. C’est la vie en rose.
Un saudo e como di un filósofo do meu país “seguidla chupando”,
Ricardo
