Guía práctica de pelotazos

(Todo é inventado)

Estimados colegas de partido,

Nos últimos tempos estamos tendo unha crise de vocacións no noso partido, o cal fai cada vez máis difícil conformar as listas electoráis nalgúns concellos medianos e pequenos. Si seguimos con esta dinámica é posible que nuns anos teñamos que traer concelleiros de suramérica, ou o que é peor, pode que teñamos que recrutar a xente honrada con verdadeiras gañas de axudar ó seu pobo.

Por todo isto, a coordinadora provincial ven de editar unha completa guía de cómo se poden obter fondos adicionáis para incentivar vocacións entre o tipo de persoas que adoitamos recrutar.

O proceso sobre o que vos queríamos ilustrar nesta guía é o do pelotazo urbanístico. Os pasos a seguir para completalo con éxito son os seguintes:

  1. Elixe un monte do teu concello, canto máis grande mellor, e si está preto do mar ou dalgunha praia moitísmo mellor ($$$).
  2. Asegúrate que o monte non pertence a ningún cargo do partido, familiar ou amigo íntimo. É dicir os propietarios teñen que ser mortos de fame, xa sabes, esa xente pobre e ignorante que nos acostuma a votar masivamente.
  3. Contacta con algunha empresa do sector. Na sede provincial do partido temos un montón de sobres baleiros cos nomes destas empresas. Xa sabedes esas empresas con nomes como CHANCHULLESA ou ROUBESA.
  4. A empresa debe ofrecer ós propietarios unha cantidade de cartos ridícula polos seus terreos. Recorda que canto máis barato sea o chan para a empresa, máis cartos terá logo para donar ós dirixentes locáis do partido.
  5. Si quedan algúns terreos para completar o puzle, o concello, coa connivencia do noso goberno autonómico, pode expropiar o chan. O punto 5 poderá, e deberá, ser empregado como argumento durante as negociacións do punto 4.
  6. É posible que algún morto de fame, ou varios, saian máis listos do esperado. Ante esta eventualidade a consigna é ignorar e “ir facendo”.
  7. Si a cousa se segue a torcer e chega ós xulgados, a consigna é básicamente a mesma, ignorar e “seguir facendo”.
  8. Si nalgún momentos temos que tomar calquera medida na que nos fagan elexir entre o ben común e o ben da empresa, a consigna sempre será “non moder a man que nos da de comer”.
  9. No caso dun improbable apocalipse no que finalmente teñamos que pagar unha enorme cantidade de cartos ós expropiados, imos seguir dúas máximas: pagar canto máis tarde mellor e botarlle a culpa ó chachachá.

Entendemos que hai posibles eventualidades que poden dificultar a execución deste plan. Por exemplo, si perdemos a maioría de goberno temos que buscar un socio co que seguir controlando o poder. Nesta situación nos podemos atopar dous escenarios:

  1. Si o partido co que deberemos pactar é de centro-dereita e o seu líder é unha persoa ilustrada, poñamos un médico, entón o único que temos que fácer é pactar con él, volver a repartir o pastel entre máis comensáis, e converter a esta persoa no líder do noso propio partido.
  2. Si o partido co que deberemos pactar é da verdadeira esquerda e o seu líder é unha persoa bohemia pero formada, poñamos un arquitecto, estamos nunha situación un pouco máis complicada. Nese caso probablemente o orgullo de esta persoa lle impida aceptar un pacto con naturalidade, polo que teremos que lubricar a relación converténdoo en alcalde, asignándolle un soldo acorde á súa valía e aturando temporáis ataques de esquerdismo.

Outro problema que imos ter que resolver é qué facer cos cartos que consigamos durante este proceso. Para iso a coordinadora provincial editou o pasado mes de setembro a nosa “Guía para branquear o inbranqueable”, pero aquí vos deixamos as dúas técnicas máis populares:

  1. Ter un local de hostalaría que tribute por módulos é o método máis tradicional e máis efectivo. Ninguén en facenda se vai a sorprender de que facturemos 50.000 cafés ó mes.
  2. Calquera tipo de xogo online nos pode servir. Por exemplo, si participamos un campionato de poker online e gañamos, o premio se converterá en ingresos perfectamente legáis. Para gañalo podemos facer varias cousas, que o torneo en si esté amañado, ou contratar a un xogador para que xogue por nós e darlle unha gratificación adicional.

Con isto rematamos esta guía. Nun futuro próximo editaremos a nosa guía “Cómo comprar farolas de 10.000 euros” sobre obra pública e mordidas.

Un saudo,

A coordinadora provincial