Novo bando municipal

(Todo é inventado ainda que da medo dar ideas)

Don Ricardo Sánchez Oroza, alcalde de Pizza Miño informa:

Como sabedes o noso concello ten que facer fronte ó pago dunha importante débeda financiera que quintuplica o noso presuposto anual. Para facer frente a estos pagos o goberno municipal está a por en marcha unha serie de medidas para incrementar os seus ingresos. Á primeira medida probablemente xa a notaríades no encabezamento deste bando, o noso concello agora pasa a chamarse Pizza Miño, en vez de Miño. Como poderedes imaxinar este cambio de denominación nos reportará importantes ingresos. Tamén cambiaremos os nomes dalgunhas das nosas parroquias e lugares de interese, así, a praia de Perbes pasará chamarse Praia de PEMEX, a urbanización de Costa Miño pasará a chamarse Urbanización Costa Cruceros, a parroquia de Castro pasará a chamarse CASTROL, e Vilanova pasará a chamarse Vilaboy. Os sinais cos novos nomes serán instalados de contado.

O resto de medidas postas en marcha están relacionadas coa Praia grande de Pizza Miño. Como saberedes esta praia é un dos principais polos de atracción turística do noso concello e a ela acuden unha grande cantidade de bañistas entre os meses de Xuño e Setembro. É por iso que o concello de Pizza Miño vai a empezar a cobrar por unha serie de conceptos relacionados co uso da praia. Así a lista de conceptos gravables son:

  • Pasear pola praia: 1 euro/volta. Si levamos o can con nós teremos que aboar 50 céntimos si o can é de raza pequena, ou 1 euro si o can é de raza grande. Teremos que aboar 50 céntimos por cada deposición líquida do can e 1 euro por cada deposición sólida ou semisólida.
  • Tomar o sol na praia 2 euros/hora (ata un máximo de 10 euros por día). Esta tarifa inclue o dereito a tomar o sol sobre unha toalla dunha superficie máxima de 4.25 m2. O uso dun parasol supón ter que aboar un suplemento de 1 euro/hora (max. 5 euros/día) si empregamos o noso propio parasol, ou 50 céntimos/hora (max. 2.5 euros/día) si empregamos un parasol patrocinado a elexir entre: Parasol El puerto café, Parasol Ferretería Anido e Parasol Librería Pilar. O uso dunha cadeira de praia tamén implica pagar un suplemento de 1 euro/hora (max. 5 euros/día).
  • Aparcar o coche no triángulo custará 2 euros/hora (máx. 10 euros/día). Aparcar o coche na estrada de praia custará 3 euros/hora (max. 15 euros/día). Parar na estrada da praia para deixar á familia poderase facer durante un máximo de 5 minutos cun custo de 1 euro/minuto.

Polo tanto un día típico de praia a unha familia convencional formada por unha parella, dous nenos, un can de raza pequena, e a sogra pode sair polo seguinte importe.

  • Baixar á familia e as cousas na estrada da praia: 5 euros
  • Aparcar o coche no triángulo todo o día: 10 euros
  • Tomar o sol todo o día as 4 persoas: 4 x 10 = 40 euros
  • O can de raza pequena: 50 céntimos
  • Dúas deposicións líquidas e unha sólida do can: 2 x 0.5 +1 = 2 euros
  • Uso dun parasol patrocionado durante todo o día: 2.5 euros
  • Cadeira de praia para a sogra para todo o día: 5 euros
  • Dúas voltas á praia da parella despois de comer: 2 x 2 x 1= 4 euros

O importe total sería por tanto de 69 euros. O Concello de Pizza Miño tamén pon á vosta disposición pases familiares cun custe de 50 euros que dan dereito a disfrutar de todas as actividades da praia a unha familia composta por un máximo de 5 persoas e 2 cans. Ou un pase individual que terá un custe de 20 euros. Do mesmo modo, se poderá mercar un pase Camarón que nos dará acceso a tódolos servizos da praia durante todo o verán e que terá un custo de 200 euros no caso de pases individuais e 500 euros para familias.

Os habitantes do Concello de Pizza Miño terán un desconto do 50% en todos os pases e os do Concello de Lugo un 25%. por ser usuario habituais.

E recordade, en pizza Miño agora tedes a Cacho Pizza á metade de prezo si presentades o voso carné de Miño Plataforma Aberta.

Miño, 18 de agosto do 2015 (data patrocinada por Reloxería José Pousada)

Don Ricardo Sánchez Oroza

Alcalde de Pizza Miño

Bando patrocinado por Carnicería Peizás. Asamos polos por encargo.

One clap, two clap, three clap, forty?

By clapping more or less, you can signal to us which stories really stand out.