O alcalde de Miño da un ultimatum ós reis magos

(Todo é inventado)

A situación do alcalde de Miño Ricardo S. Oroza é desesperada. Goberna o seu concello en solitario co único aval de 234 votos, fronte ós case 3000 que suman os partidos na oposición, o PSOE e o PP. Para resolver esta situación o alcalde de Miño mandou un ultimátum ós reis magos os que lle di que si non recibe 1500 votos nos próximos 30 días laboráis (sin contar os venres tampouco que teño que ir de cañas a Betanzos) deixará a alcaldía.

“Na miña cartas ós reis magos fun bastante explícito, pedíalle ós reis magos 1500 votos para poder gobernar con máis folgura” declarou Oroza. Sen embargo, o día 6 de xaneiro pola mañá Oroza comprobou desolado que debaixo da súa árbore de Nadal, só había un exemplar do libro “Le Corbusier: Obras y proyectos” de Xavier Monteys. “Les montas una cabalgata, con carrozas adornadas con luces LED y esto es lo que recibes a cambio” comentaba desolado Oroza.

Pola súa banda, na opinión do líder do PSOE: “O alcalde xa é moi maior para crer nesas cousas. Todo o mundo sabe que os reis magos somos eu e Jesús, e si por nós fora este home só levaba carbón”. Por outra banda, o líder dos populares de Miño, Jesús Veiga, senteciou: “Todo el mundo sabe que la alcadía no cae de un guindo, pero tampoco de un arbolito de Navidad. Además, los reyes magos sólo le traen regalos a Jesús.”

One clap, two clap, three clap, forty?

By clapping more or less, you can signal to us which stories really stand out.