Unha muller de Callobre atropelada en Miño

(Todo é inventado)

No mediodía de hoxe unha muller de Callobre, que responde as iniciais F.E.A.,foi atropelada por un grupo de madrileños no interior do supermercado Gadis da localidade coruñesa de Miño. A muller foi atendida de diversas contusións no centro médico da mesma localidade e foi dada de alta unhas horas máis tarde.

O atropelo ocorreu cerca do estreitamento da pescadería, un dos tradicionáis puntos negros do supermercado miñés nestas datas estiváis. A muller cruzaba por este estreitamento cando foi atropelada por unha familia de madrileños de catro membros que se dirixían a coller número na pescadería. “Avistamos unos percebitos muy buenos en la pescadería, y a mi Paco se le antojaron, así que me tiré a por un número.” declarou M.A.T.A., a matriarca da familia de madrileños autora do atropelo. Ó preguntarlle si non se decatara da presenza da señora de Callobre ó realizar a temeraria manobra, a muller respondeu: “No la vi venir, llevaba puestas las gafas de sol y la visilibidad a esas horas de la mañana no era muy buena”. Finalmente, se amosa conciliadora: “Si supiese donde está Callobre iría a pedirle disculpas ¿a cuánto queda de la playa grande?”.

A muller de Callobre aporta a súa particular visión dos feitos: “Eu cruzaba pola pescadería esquivando as manadas de veraneantes, cando de súpeto esta muller fixo un cambio de dirección e bateu contra min.” E conclué: “Xa me di sempre o meu Manolo que nin se me ocurra ir ó Gadis de Miño en Agosto”.

O responsable do supermercado tamén se queixa das malas condicións neste punto negro, e declarou a este diario “En verano siempre pasa lo mismo, es un punto de gran congestión de tráfico. “ Preguntando tamén sobre si pensan tomar algunha medida para mellorar o tráfico neste punto do supermercado, o encargado responde: “Igual ponemos una rotonda, o igual ponemos el pescado más caro.”

Show your support

Clapping shows how much you appreciated Miño Today’s story.