Ao redor do morto 150. Algúns datos sobre a covid 19 en Galicia

Xabier Cid
12 min readApr 1, 2020

Chegamos case ao defunto 150 en Galicia e non sabemos nada: nin que xente morre, nin qué tiña antes (se tiña), nin cantos días levaba tendo síntomas, nin cal foi a ruta probable de contaxio, nin de onde era… apenas nada. Nada que lle permita á cidadanía organizarse e evitar contaxios, nada que quizais nos evitase medidas de supresión das liberdades fundamentais tan agresivas, e tampouco nada que nos permita realmente entender o que está pasando. Pode ser entendible a censura informativa sobre a morte, mais falta de transparencia da administración tamén causa mortes. Neste texto achego o pouco que sabemos.

Advertencia: non son epidemiólogo. Só estou facendo unha análise de datos fornecidos por outras fontes e trazando algunhas hipóteses. As hipóteses veñen sinaladas claramente para non as mesturar cos datos que si sabemos de certo.

Contaxios

O primeiro que sabemos é que os datos referidos ao número de persoas enfermas carecen de toda validez. Dado que só unha minoría da poboación se someteu á testaxe, e tendo en conta ademais a elevada porcentaxe de persoas asintomáticas ou de síntomas lixeiros, a fiabilidade dos tests e o feito de que só teñen validez no tempo se van seguidos de estritísima corentena (que non é o que se está a facer en Galicia), realmente non podemos ter nin idea da xente que en Galicia ten ou tivo a enfermidade. Polo menos ata o de agora. Sabemos dunha parte, a dos casos que chegaron aos centros de saúde, pero non sabemos cal é…

--

--

Xabier Cid

Trial & error process in the path towards… towards I haven’t a clue. @xabitubbi