Man

Manfred Gnädinger, foi un alemán que se namorou do mar de Galiza. Viviu coma un ermitaño nun habitáculo entre o océano e a terra, na vila de Camelle.

Mais Manfred non era só un ermitán. Foi un artista; un artista que en todo o que tiña a man intentaba expresar o que el necesitaba plasmar. A arte en estado puro é expresividade, é comunicación, é sentimento.

Todos os osos de animais que chegaban ás súas mans eran decorados coas súas pinturas. Moitos dos plásticos que persoas egoístas tiran ao mar, eran queimados por el e dobrados, ata conseguir figuriñas do seu gusto.

Dibuxou máis de 1400 libretiñas, cada unha diferente, cada unha cun cacho máis de si; igual ca nos seus autorretratos, testemuñas da súa visión del mesmo.

Like what you read? Give - a round of applause.

From a quick cheer to a standing ovation, clap to show how much you enjoyed this story.